ALCALDÍA

Segovia acollerá o sábado 8 de xuño a última Asemblea de Alcaldes e Alcaldesas da lexislatura 2015-2019

31/05/2019

A Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, terá lugar en Segovia o próximo sábado 8 de xuño. Á reunión, que se celebrará ás 10:00 horas no Alcázar de Segovia, asistirán os alcaldes e alcaldesas das 15 cidades integrantes desta entidade sen ánimo de lucro e declarada de Utilidade Pública que reúne as cidades españolas cuxos cascos históricos foron inscritos na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicado o servizo de mantemento do Castelo da Rocha Forte

31/05/2019

A Xunta de Goberno adxudicou hoxe o servizo de mantemento do castelo da Rocha Forte, cun orzamento de case 55.000 euros. Os traballos afectaranlle ao espazo do castelo actualmente pechado por un valo metálico, e tamén ás áreas exteriores inmediatas.

Ler máis

CONSORCIO

Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este luns un concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago

31/05/2019

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa "A Escola na Cidade", un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. Como colofón dos seus estudos, os/asmúsicos/as noveis protagonizarán varias actuacións nos vindeiros días, que terán lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago, na Facultade de Xeografía e Historia. As entradas destes concertos son gratuítas ata completar aforo.

Ler máis
Compartir: