ALCALDÍA
Fairway presenta a súa edición máis internacional
Empresas e institucións de quince países de catro continentes participarán na terceira edición de Fairway, a máis internacional das celebradas ata agora. Así se puxo de manifesto na presentación do evento, que se celebrará do 10 ao 12 de febreiro no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago. Está previsto que neses dous días se celebren máis de 16.000 reunións de traballo.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Os centros escolares celebran o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia
O Auditorio Abanca acolleu esta mañá o acto central polo Día da Paz e a Non Violencia, no que participaron preto de 400 alumnos e alumnas dos centros escolares de Compostela. Trátase dunha data que se vén conmemorando dende 1964 para lembrar a morte de Gandhi e que a UNESCO recoñeceu como Día Escolar da Non Violencia e a Paz en 1993. Nesta data lémbrase a necesidade de educar na tolerancia, o respecto e a solidariedade.
PERSOAL
O Goberno local aproba a subida salarial do 2,25% ao persoal municipal
O Concello de Santiago vén de aprobar a suba salarial do 2,25% para os traballadores e traballadoras públicas, que será efectiva coa nómina do mes de xaneiro. Este incremento está previsto no Real Decreto 24/2018, de 21 de decembro polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público.
ACCIÓN CULTURAL
Voadora estrea no Principal "Hemos venido a darlo todo"
Continuando coa programación de artes escénicas 2019, a compañía Voadora estrea no Teatro Principal de Hemos venido a darlo todo. Dirixida por Marta Pazos e con dramaturxia de Fernando Epelde, esta representación é o manifesto, o manual e o pacto coa experiencia escénica de Voadora, dende o brillo de todos os seus elementos: o movemento, a música e as imaxes. Haberá funcións o xoves 31 (estrea), o venres 1 e o sábado 2, ás 20:30 horas.