XUNTA DE GOBERNO

Catro novos nomes para rúas do ámbito da Amañecida

20/11/2019 A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, aprobou a designación de catro novas rúas do ámbito do SUNP-20 da Amañecida. As denominacións foron seleccionados da lista de nomes aprobada en Pleno.

Así, as rúas A, B, C e D do ámbito da Amañecida pasan a denominarse, respectivamente, Alcalde Marcial Castro Guerra, Aspas, Concha Castroviejo e María Tobío.

Smartiago
Na mesma reunión da Xunta de Goberno deuse conta da convocatoria de consulta preliminar de mercado dentro do programa Smartiago. Mañá xoves presentarase esta convocatoria nunha xornada que se celebrará no Hostal dos Reis Católicos a partir das 11:00 horas.

Documentos relacionados



Compartir: