ECONOMÍA

Ábrese o prazo de inscrición para o curso "Solucións negociadas a conflitos e dilemas"

28/03/2012 A Concellería de Economía abre o prazo de inscrición para o curso Solucións negociadas a conflitos e dilemas, acción formativa que se integra dentro do programa Santiago Investors Support, que se presentou o venres 23 ás dez entidades empresariais que colaboran no programa. A inscrición pode facerse a través da páxina www.maiscompostela.org.

O curso ten por obxectivo ensinar técnicas efectivas de negociación e resolución de conflitos a partir de procedementos intelixentes que propicien unha maior ganancia recíproca para todos os axentes afectados nun proceso. Destínase a emprendedores, traballadores en activo e estudantes universitarios ou de formación profesional.
As temáticas que se tratarán no curso son: O coñecemento e a probabilidade; Negociar é coñecer; Do xeo ao compromiso; As cinco regras de ouro da negociación; Habilidades estratéxicas para negociar; En busca do ben común, a táctica do "win to win"; O intercambio de variables; Controlando as concesións; Análise de presións; As sete claves de negociación; Priorizando intereses; Equidade e acordo; e Casos de negociación desigual.

Reputación electrónica
O Cersia acolleu dous seminarios sobre reputación electrónica en la hostalería. Un dos seminarios estaba dirixido a hoteis e outro a restaurantes. Os seminarios estaban incluídos tamén dentro do programa Santiago Investors Support, e contaban coa colaboración da Asociación Hostalería Compostela.

Compartir: