PLENO

Dada conta ao Pleno da remisión ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas das obrigas pendentes de pago

14/03/2012 O Pleno da Corporación celebrou unha sesión extraordinaria para dar conta da remisión ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas das certificacións previstas no Real Decreto Lei 4/2012 de 24 de febreiro, sobre o mecanismo de financiamento para o pago aos provedores dos entes locais.

O xoves 15 de marzo remata o prazo para remitir ao Ministerio de forma telemática a relación certificada de todas as obrigas pendentes de pago. O Concello de Santiago remitiu facturas recoñecidas ata o 31 de decembro de 2011 por importe duns 12 millóns de euros.

A información ao Pleno sobre esta relación é unha das obrigas establecidas na propia norma, ao fin de poder subscribir posteriormente unha operación de crédito que permita realizar estes pagos pendentes a provedores.

Compartir: