ALCALDÍA
Cómpre recordar que, na actualidade, a rede Camiños de Europa traballa en proxectos transnacionais de cooperación en materia de itinerarios culturais europeos.
O Concello de Santiago e a rede Camiños de Europa trazan liñas de colaboración para promocionar a ruta xacobea
12/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co presidente e co secretario xeral da rede camiños de Europa AEIE, Alessandro Cardinale e Giovanni Pattoneri. No encontro falaron da posible organización de eventos de promoción do Camiño de Santiago.
A reunión tamén serviu para perfilar liñas de colaboración cultural coas rexións italianas de Umbría e Lazio, por onde trascorren, respectivamente, o Camiño de San Francisco e a Vía Francígena.Cómpre recordar que, na actualidade, a rede Camiños de Europa traballa en proxectos transnacionais de cooperación en materia de itinerarios culturais europeos.