ALCALDÍA

En marcha as actividades da Rede de Cooperación Local 2011

27/04/2011 O alcalde de Santiago presidiu o primeiro encontro da Rede de Cooperación Local neste ano 2011. No marco deste encontro tivo lugar a conferencia "Que teñen en común Inditex, Ikea e Dell e podemos utilizar mañá nas nosas empresas?", a cargo do relator Manuel A. Castro Hermida, enxeñeiro superior industrial. Universidade de Vigo. Programa de Alta Dirección, Escola de Negocios Caixanova. A conferencia versou sobre os sistemas de xestión da cadea de subministro na empresa para poñela ao servizo do cliente. Esta cuestión resulta especialmente relevante en entornos con moita incertidume, nos que o importante é acurtar os tempos de execución e a alta dirección deica o 80% do tempo á planificación.

O acto celebrouse no salón de actos do CERSIA (rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n). Tras a conferencia, nun café de traballo da Rede de Cooperación Local Máis Compostela, as persoas asistentes tiveron oportunidade de departir persoalmente co poñente. Con este evento preténdese facilitar ao empresariado de Compostela información para mellorar competitivamente nas súas organizacións ao tempo que se crea un espazo de encontro onde establecer novas relacións empresariais e institucionais.

Esta conferencia enmarcábase na Rede de Cooperación Local (RCL), que puxo en marcha a Concellaría de Promoción Económica no ano 2004 co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial compostelá a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago. Só en 2010 leváronse a cabo, no marco da RCL, nove actividades, nas que participaron máis de mil persoas.

Compartir: