OBRAS

O alcalde reúnese cos veciños do Castiñeiriño para falar da transformación do barrio

21/04/2011 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro esta mañá cos veciños do Castiñeiriño, cos que departiu sobre as súas preocupacións e dúbidas ante a transformación urbanística que este barrio está a experimentar.

Acompañado por representantes da asociación de veciños, o alcalde percorreu a rúa Virxe Branca desde a igrexa de Fátima, desde onde está empezando a reurbanizarse. Os veciños manterán unha reunión cos técnicos do Concello para que lles expliquen detalladamente como se solventarán os problemas de rasante que teñen as vivendas tradicionais ao poñer a nova beirarrúa.

Doutra banda, Bugallo achegouse á zona do Combarro, onde os veciños están preocupados porque coa construción da nova autovía da Estrada pase a ser unha estrada e deixe de ser unha rúa. Co fin de que sexa unha vía urbana e manteña as características dunha rúa, o Concello propuxo á Consellería de Infraestruturas que se conserve un acceso ao núcleo de Combarro, que se deixe aberta a entrada (ata agora era entrada e saída) e se abra unha saída por unha rúa nova cunha semaforización específica. Se isto non é posible, o Concello pide á Xunta que axilice a obra para que unha vez recepcionada poida facerse cargo desta semaforización.

Compartir: