PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Aberta aínda a inscrición no taller "Coñecemento, domino e redución do estrés", dirixido a xuntas directivas das asociacións

14/04/2011 A Concellaría de Participación Cidadá convida a todas as asociacións a participar no taller Coñecemento, dominio e redución do estrés, que terá lugar o mércores 20 de abril na Casa das Asociacións de Cornes. Aínda quedan prazas.

Este taller é gratuíto e está dirixido a todas as asociacións compostelás e especialmente á membros das xuntas directivas. Impartido polos especialistas Guillermo Jesús Vázquez López e María Carmen Márquez Díaz, traballarase sobre as manifestacións clínicas do estres e como afrontalo, coñecendo técnicas psicofisiolóxicas de relaxación, para aprender a dominar as exixencias do día a día, que ás veces exceden a capacidade de resposta das persoas, provocando malestar e desentendemento colectivo.

Ademais, os especialistas presentarán unhas publicacións e informarán ao tecido asociativo sobre a súa oferta de cinco talleres de terapias alternativas para que, en caso de estaren interesados, poidan contactar con eles para programalos nos seus propios locais ou na Casa das Asociacións (se houbera un mínimo de 15 participantes e solicitando o uso do espazo como é habitual)

A Concellería de Participación Cidadá prega a confirmación da asistencia ao curso por teléfono ou correo electrónico:

Casa das Asociacións da Concelleira de Participación Cidadá
Rúa Manuel Beiras, 3 (antiga estación de Cornes)
Teléfono: 981 542 350
participacioncidada@santiagodecompostela.gal

Compartir: