BENESTAR SOCIAL

Cea benéfica para recadar fondos destinados á Casa da Infancia de Colombia

05/04/2011 A Fundación Balms para a Infancia celebrará a súa II Cena Benéfica o venres 8 de abril, ás 22.00 horas, no Hostal dos Reis Católicos. O Concello colabora con esta iniciativa solidaria, que pretende recadar fondos para o proxecto da Casa da Infancia de Colombia.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, e o presidente da Fundación Balms, Antonio Heredero, presentaron esta Cea Benéfica da Fundación Balms, na que colabora Santiago Centro. O custo da invitación será de 50 euros, que inclúen unha doazón para o proxecto de Colombia, onde máis de 90 nenos e nenas teñen a oportunidade de estar nun centro no que se lles brinda apoio escolar, alimentación, actividades lúdicas, etc.

A cea comezará coa presentación dun vídeo onde se amosa o labor levado a cabo na Casa da Infancia de Colombia. A continuación da cena sortearanse diversos agasallos doados polas empresas colaboradoras, entre os que se inclúen gafas de sol, un equipo de pesca, un cadro ou roupa infantil, entre outros. Como peche, un DJ amenizará a velada.

Todas aquelas persoas que o desexen poden reservar praza na cea a través do teléfono 986 443 143 ou no propio Hostal. Ademais, calquera ten a posibilidade de colaborar co proxecto ingresando unha doazón, en concepto de "Fila 0", na conta corrente que a Fundación Balms ten aberta en Banesto con número 0030 6037 11 0000899271, onde deberá indicar o seu nome e apelidos (o nome que figure no extracto bancario é o que se utilizará para remitir o certificado da doazón, sempre e cando se comuniquen os datos persoais telefonicamente ou a través do correo electrónico fundacion@fundacionbalms.org.

100 nenos atendidos
A Fundación Balms é unha organización sen ánimo de lucro, que traballa dende o ano 2002 coa vocación de promover a protección da infancia en situación de risco ou desamparo. O seu obxectivo é desenvolver proxectos que protexan e promovan os dereitos de todos os nenos e nenas. O proxecto realizado en Colombia é un centro de día para la infancia situado no barrio San Joaquín del Vaticano (Ciudad Bolívar).

Segundo explicou Antonio Heredero, na actualidade son atendidos nesta Casa da Infancia 100 nenos, aos que se lles ofrece apoio escolar, actividades de lecer e as tres comidas do día, entre outros aspectos. En particular, falou da problemática de Ciudad Bolívar, un barrio de dous millóns de persoas nunha cidade como Bogotá de dez millóns. Alí, dixo, existen diversos problemas de marxinación, violencia, prostitución...

Os rapaces son atendidos por dez profesionais do propio lugar, entre os que se inclúen profesores, psicólogos ou cociñeiros. Cada mes, a Fundación Balms remite 4.500 euros, que serven para sufragar os custos da Casa e os salarios dos seus traballadores.

Direccións relacionadas



Compartir: