EDUCACIÓN

"Do berce á lúa" achega a literatura aos máis pequenos e ás súas familias

02/04/2011 Coincidindo coa celebración do Día Internacional do libro infantil e xuvenil e no marco da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura o Departamento de Educación do Concello de Santiago en colaboración coa Editorial Kalandraka, desenvolveu na Galería Sargadelos a proposta educativa Do Berce á lúa: sesión de contos para bebés, dirixida a todas as familias de Compostela. A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, non quixo faltar á cita.

O obxectivo desta xornada era achegar aos máis pequenos e as familias á literatura a través de cantos, rimas, ditos e contos. Ao longo da última semana leváronse a cabo as sesións de contacontos e visitas guiadas a exposición dirixidas aos centros de Santiago e comarca, facendo especial fincapé na celebración do Día Internacional do Libro.

Durante o desenvolvemento da XI Campaña Municipal de animación á Lectura, iniciada no mes de marzo, xa son máis de 2.000 nenos e nenas os que participaron nas diversas propostas deste programa municipal, e máis de 35 centros de Santiago de Compostela e comarca os que visitaron a exposición e os obradoiros.

Compartir: