BENESTAR SOCIAL

Mar Martín encarga ao secretario municipal un informe para aclarar se a directora da UMAD incorreu nalgunha incompatibilidade

01/04/2011 A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, compareceu en rolda de prensa para anunciar a solicitude dun informe ao secretario municipal que aclare se a directora da UMAD, Pilar Bermejo, incorreu nalgún tipo de incompatibilidade ou irregularidade en relación á adxudicación de determinados programas da Unidade á asociación Chisem. Unha vez coñecido o informe, dixo, o Concello adoptará a decisión que proceda.

Á marxe do que indique o informe do secretario municipal, Mar Martín indicou que "nin ela nin o alcalde tiñamos constancia da vinculación familiar coa directora da UMAD dun traballador desta asociación". En calquera caso, recordou que esta persoa é empregado da devandita asociación unicamente dende outubro de 2010, cando a UMAD leva traballando con esta empresa dende o ano 2001.

Recordou que o Concello traballa con esta entidade en diversos programas relacionados coa formación e coa intervención no ámbito escolar. Nestes anos, indicou, "o traballo de Chisem foi moi recoñecido por profesores e alumnos, e mesmo por unha auditoría externa". Ademais, engadiu, "non hai moitas empresas que traballen neste ámbito, polo que tampouco lle sorprendeu a ninguén do Departamento o número de programas que realizou nestes anos a Asociación". De todos os xeitos, lembrou tamén que "en todos os contratos, incluso naqueles nos que polo seu importe non sería necesario, se pide a oferta a cando menos tres empresas, e adxudícase a aquela que oferta un menor prezo".

Á concelleira quixo destacar na súa intervención "o gran labor desenvolvido pola UMAD na prevención das drogodependencias en Santiago e noutros 32 concellos, os premios recibidos e os programas pioneiros que puxo en marcha". En particular, tivo palabras de gabanza para os seus profesionais

Compartir: