CULTURA

A Banda Municipal ofrece dous concertos baixo o título "Hoxe toca vento metal"

24/03/2011 A Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns, dará dous concertos o venres 25 de marzo, baixo o nome Hoxe toca vento metal. Ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia será o primeiro dos concertos, nesta ocasión un didáctico, dirixido a rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º de Educación Secundaria. Xa pola tarde, ás 20:00 horas, a Banda trasladarase ao Local Sociocultural de Amio para dar, desta vez, un concerto aberto a todo o público.

O concerto didáctico de Hoxe toca vento metal vai acompañado dunha guía, que se pode baixar na web do Auditorio, para que os profesores poidan traballar cos alumnos previa e posteriormente ao concerto na aula. Os obxectivos do concerto van dende discriminar os sons característicos de cada instrumento dentro da familia de vento-metal e doutras familias instrumentais ata o máis xeral: coñecer diferentes estilos musicais ou valorar a importancia do silencio e o son como fenómenos naturais e como elementos musicais, tomando conciencia das diferentes paisaxes sonoras do noso entorno.

O programa que a Banda interpretará nestes concertos é o seguinte:

- T. Susato (arr. J. Lichtmann), La Mourisque.
- Susato (arr. J. Lichtmann), Pavane BatailleT.
- T. Susato (arr. J. Lichtmann), Mon Amy.
- G. F. Häendel (arr. X. Carlos Seráns), Música Acuática.
- J. S. Bach (arr. J. F. Taillard), Concerto de Brandenburgo núm. 6.
- G. Gershwin (arr. J. F. Taillard), Un americano en París. X. Montes (arr. X. Carlos Seráns).

Compartir: