COMERCIO

A cidade homenaxeará a seis comercios familiares do casco histórico

24/03/2011 O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, deu a coñecer en rolda de prensa os nomes dos establecementos distinguidos dentro do programa Homenaxe ao Comercio Compostelán 2011: Confecciones Sánchez, Fotos Sandine, Electrodomésticos Muíños, Joyería Regueira, Calzados Valiño e Lencería Carol.

O obxectivo principal desta distinción é recoñecer o labor dos comercios homenaxeados, a súa traxectoria ao servizo da clientela e a achega realizada ao sector comercial, un dos motores da economía compostelá, así como a dinamización e a promoción do sector.

En total, presentáronse seis candidaturas á distinción ofrecida polo Concello dentro do programa Homenaxe ao Comercio Compostelán. A comisión avaliadora, presidida por Xosé Manuel Iglesias, acordou por unanimidade o outorgamento da distinción a estes estabelecementos, primando a antigüidade do estabelecemento e o carácter familiar.

A comisión está formada pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Agrupación de Comerciantes de Santiago ACOTES, a Asociación de Comerciantes e Profesionais Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, a Fundación Santiago Centro Área Comercial, Asociación de Usuario e Consumidores da Praza de Abastos de Santiago e Euroconsumo Galicia.

Na aplicación destes criterios, a puntuación obtida por cada un dos estabelecementos foi a seguinte:

- Confecciones Sánchez (9 puntos): data do ano 1946 (65 anos de antigüidade) e dende a súa apertura foi explotado no seo da mesma familia. Situado na rúa da Algalia de Arriba, 9.

- Fotos Sandine: (7 puntos): data do ano 1969 (42 anos de antigüidade) e dende a súa apertura foi explotado no seo da mesma familia. Situado na rúa do Vilar, 23.

- Electrodomésticos Muíños: (7 puntos): data do ano 1974 (37 anos de antigüidade) e dende a súa apertura foi explotado no seo da mesma familia. Situado na rúa da Algalia de Arriba, 41.

- Joyería Regueira: (7 puntos): data do ano 1976 (35 anos de antigüidade) e dende a súa apertura foi explotado no seo da mesma familia. Situado na rúa Acibechería, 9.

- Calzados Valiño: (7 puntos): data do ano 1979 (32 anos de antigüidade) e dende a súa apertura foi explotado no seo da mesma familia. Situado na rúa do Preguntoiro, 24.

- Lencería Carol: (6 puntos): data do ano 1988 (23 anos de antigüidade) e dende a súa apertura foi explotado no seo da mesma familia. Situado en Casas Reais, 32.

Os comercios distinguidos recibirán a homenaxe no transcurso dunha recepción que se celebrará o 8 de abril no salón vermello do Pazo de Raxoi, na que se lles fará entrega da figura de Sargadelos que dende o ano 2006 se concede aos comercios seleccionados das distintas edicións do programa.

Compartir: