ALCALDÍA

Ponse en marcha a ampliación da rede de abastecemento de Lavacolla

19/03/2011 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro cos veciños de Lavacolla, con motivo da posta en marcha da ampliación da rede de abastecemento de auga. Investíronse 532.000 euros nunha obra financiada con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local.

Esta intervención supuxo a instalación de 5.986 ml de tubería, maioritariamente de 110 mm de diámetro (4.114 ml), pero tamén de 90 mm (565 ml), 63 mm (892 ml) e 32 mm (415 ml).

Compartir: