ALCALDÍA

O Centro de Día e Ocupacional da Asociación de Dano Cerebral de Compostela "Sarela", máis preto de facerse realidade

18/03/2011 Celebrouse en Tras Paxonal, no Castiñeiriño, o acto de colocación da primeira pedra da construción do Centro de Día e Ocupacional da Asociación de Dano Cerebral de Compostela "Sarela". O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto xunto co presidente da entidade, José Balboa; o arquitecto da obra, José Luís Pereiro, e representantes da Xunta, da Deputación da Coruña e doutros concellos da comarca.

Este breve acto simbolizou o comezo dun edificio moi demandado que pronto será realidade. En realidade, a obra xa comezou e avanza a bo ritmo, co obxectivo de que o novo Centro de Día poida empezar a funcionar, como moi tarde, en 2013.

O alcalde destacou o feito de que instale nunha zona da cidade de inmediato crecemento e valorou o traballo de asociacións como Sarela que "cobren ocos que a Administración pública no pode asumir". Por iso, mostrouse "moi orgulloso" de poder colaborar con esta entidade.

O Centro, construído nunha parcela cedida polo Concello, ofrecerá 35 prazas de día outras 20 máis ocupacionais. Será un complexo pioneiro en España no tocante ao dano cerebral e custará 1,7 millóns de euros.

Compartir: