EDUCACIÓN

Concerto de Mamá Cabra para os máis novos

18/03/2011 Os nenos e nenas de Compostela terán a posibilidade de ver ao grupo Mamá Cabra en concerto , co seu espectáculo Ola, ola, la!. Será no Teatro Principal os días 19 e 20 de marzo, con funcións ás 18:00 horas.

As familias poden retirar as entradas (ata cubrir aforo), unha hora antes do concerto no despacho de billetes do Teatro Principal. Cada adulto poderá coller ata un máximo de catro entradas. Os nenos pequenos que non ocupen butaca por sentarse no colo dun adulto non precisan entrada.

Estes concertos forman parte do programa de Dinamización Lingüística Bocaberta, posto en marcha pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia coa colaboración do Departamento de Educación de Santiago de Compostela.

Compartir: