XUVENTUDE

Os alumnos do obradoiro de iniciación ao documental organizado pola Concellería de Xuventude presentan os seus traballos

14/03/2011 O martes 15 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, terá lugar a presentación dos dous documentais realizados polos alumnos do Curso de Iniciación ao Documental, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Santiago e impartido por Mr. Misto Films.

Os participantes no curso realizarán unha pequena presentación do traballo e a continuación farase un pase das dúas cintas: Peregrinos sen retorno, no que os protagonistas son camiñantes que despois de facer o Camiño de Santiago cambiaron a súa vida para quedar a vivir en Compostela, e Radio Patio, a historia dun banco nun barrio compostelán no que coinciden persoas moi diferentes que se xuntan arredor deste elemento.

Os traballos foron realizados nun curso de formación no que participaron 23 alumnos. Na actividade formativa impartíronse os seguintes contidos: coñecemento da linguaxe documental nas súas vertentes e subxéneros; proxecto persoal de produción, comercialización e distribución; edición dun documental; visionado e estudo de documentais.

Compartir: