TURISMO

Santiago promociónase en Alemaña co resto de Cidades Patrimonio de España

14/03/2011 O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España comezou unha xira por diversas cidades alemás, invitado polo touroperador FTI e co apoio de Turespaña, onde terá a posibilidade de presentar toda a súa oferta turística e cultural a arredor de 500 axentes alemáns. Nesta ocasión, o Grupo asiste como único destino invitado, xunto a compañías aéreas como Air Berlín e Condor e cadeas hoteleiras como H10, Iberostar, Sol Melia ou Viva Vanity. O percorrido inclúe importantes cidades como Dresden, Nuremberg ou Frankfurt.

Alemaña é o segundo mercado emisor máis importante para España, polo que esta acción con FTI Touristik GMBH, o quinto touroperador máis grande do devandito país e o noveno de Europa, supón un paso máis no esforzo de promoción que está realizando o Grupo de Cidades Patrimonio en Alemaña. Esta iniciativa dá continuidade á recente participación do Grupo na feira ITB de Berlín, un espazo líder a nivel mundial que se constituíu nunha cita obrigada onde dar a coñecer a oferta de todas e cada unha das cidades. As accións de promoción en Alemaña continuarán ao longo do 2011 en distintas cidades e a través de diversas actividades.

O potencial turístico do conxunto patrimonial das trece cidades que forman o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade constitúe un piar fundamental sobre o que o Grupo traballa de forma permanente. Conscientes de que a demanda turística tanto a nivel nacional como internacional cambia e evoluciona, o Grupo vela por coñecer as novas tendencias para adaptarse ás novas necesidades. Isto garantirá que todas aquelas personas que visiten as ciudades teñan unha experiencia positiva que desexen repetir.

Alemaña como mercado emisor
Segundo Frontur, en 2009, o número de turistas alemáns en España ascendeu a 8,9 millóns, que realizaron un gasto de 8.739 millóns de euros, o que supuxo un gasto medio por persoa de 979 euros. Este importe segue sendo superior á media do 2009 e rexistra un importante aumento do 5,3% respecto ao ano anterior.

Os últimos datos ofrecidos por Turespaña en relación á situación da demanda turística alemá neste inverno 2010/2011 amosan unha recuperación forte do tráfico aéreo internacional e da demanda de viaxes organizadas, (+9% no verán 2010 e +11% no inverno 2010/2011), pola caída de prezos dos paquetes e a melloría da situación económica alemá. As cifras de reservas alcanzan os números de antes da Gran Recesión de 2008.

Segundo difundía recentemente a Fundación de Estudios de Futuro, España segue sendo con gran diferencia o destino turístico favorito dos alemáns e manterá esta situación nos vindeiros anos. En 2010, case 13 de cada 100 turistas alemáns elixiron España como destino da súa viaxe. Moi por detrás sitúanse Italia (6,7) e Turquía (6,6), afirma a mesma fonte. Estes datos cobran maior relevancia se se ten en conta que Alemaña é o país de orixe que máis gasta nas súas viaxes ao estranxeiro.

Compartir: