PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A Casa das Asociacións acolle a mostra "A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro"

11/03/2011 Do 18 de marzo ao 2 de abril, a Casa das Asociacións acollerá a exposición A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro. Nela aparecen todos os persoeiros que participaron activamente na construción da Autonomía, dende a óptica do humor e da ironía.

A inauguración da exposición, o venres 18, ás 20:00 horas, contará coa presenza do propio autor, Siro López, que xunto co parlamentario Ceferino Díaz compartirán unha charla cos asistentes sobre a temática da mostra. Esta recompilación de caricaturas, itinerante pola provincia, forma parte dos fondos da Deputación da Coruña. Agora, da man da Concellería de Participación Cidadá, chega a Compostela.

Compartir: