ALCALDÍA

Santiago únese á conmemoración dos 125 anos de Monforte como cidade

11/03/2011 A Alameda acolle unha exposición coa que se conmemora o 125 aniversario da declaración de Monforte como cidade, acontecido en 2010. A exposición foi inaugurada polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e polo seu homólogo monfortino, Severino Rodríguez Díaz.

A exposición, que está a percorrer as 34 cidades do Eixo Altántico, inclúe dez cubos de gran tamaño con fotografías de Monforte realizada por Xurxo Lobato, acompañadas cos textos de Xosé Manuel Pereiro. Reflicten o patrimonio, o urbanismo, os recursos ou a vida social monfortina, entre outros aspectos.

Compartir: