IGUALDADE

O Concello homenaxeou a oito mulleres exemplares no seu labor profesional e social

10/03/2011 Os actos organizados polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller pecháronse cun acto de recoñecemento público a oito mulleres que destacan nos seus ámbitos profesionais ou sociais. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta homenaxe, celebrada no Hostal dos Reis Católicos.

Outros anos, a homenaxe dirixiuse a mulleres dun ámbito específico. Nesta ocasión, as distinguidas foron oito mulleres de distintos ámbitos, tanto profesionais como sociais: deportivo, académico, literario ou empresarial, entre outros. As homenaxeadas foron:

- Esther Pedrosa Carrete. Atleta de traxectoria deportiva a nivel autonómico, nacional e internacional.

- Mª Elena Vázquez Cendón. Doutora en Ciencias Matemáticas por la USC e profesora titular do Departamento de Matemática Aplicada.

- Ana Romaní Blanco. Escritora, xornalista e directora do programa Diario Cultural da Radio Galega.

- Encarna Otero Cepeda. Licenciada en Historia pola Universidade de Toulouse e doutora pola USC. Profesora do IES Eduardo Pondal. Activista comprometida social e politicamente en defensa dos dereitos das mulleres.

- Mª Dolores Alvariño Alejandro. Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, especialidade de Psicoloxía, pola USC. Xefa do Departamento de Orientación do IES Eduardo Pondal.

- Pastora Nieto Gómez. Presidenta da Asociación de Viúvas "Rosalía de Castro".

- Mª Teresa Lord Rodríguez. Diplomada en Enfermería por la USC. Presidenta da Asociación de Diabete.

- Concepción Valladares Souto. Empresaria e propietaria do Ultramarinos Valladares.

A todas o alcalde recoñeceulles o seu labor como pioneiras en moitos ámbitos e como símbolo e recoñecemento a moitas outras. Elas contribuíron de forma moi importante a facer efectiva a igualdade e a trazar un camiño máis doado para as xeracións futuras de mulleres.

As palabras de Sánchez Bugallo pecharon un acto que abrira a concelleira de Igualdade, Mar Martín. Durante a cerimonia leuse un breve currículo das homenaxeadas, que unha a unha foron recollendo o seu recoñecemento.

Documentos relacionados



Compartir: