ALCALDÍA

Despedida do alcalde ao ata agora director da residencia Tenente Xeneral Barroso

10/03/2011 O coronel Manuel García Vilamea, ata agora director da residencia Tenente Xeneral Barroso, deixa o seu cargo. Por este motivo foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, do que se quixo despedir.

O alcalde agradeceu ao coronel o seu traballo dende 2007 ao mando desta residencia militar de acción social de estudantes, situada na avenida de Lugo e vinculada á Universidade.

Compartir: