EDUCACIÓN

Aberto o prazo de reserva e renovación de praza nas escolas infantís de San Roque, Polígono do Tambre e Tras Parlamento

09/03/2011 A Concellería de Educación comunica a apertura do prazo de reserva e renovación de praza nas escolas infantís de San Roque, Polígono do Tambre e Tras Parlamento para o curso 2011-2012. Xa se coñecen tamén os prazos de preinscrición para novos usuarios e de matrícula.

O prazo para a reserva e renovación de praza, así como para as/os fillas/os das traballadoras/es das escolas infantís e para os/as irmáns/irmás que renoven praza, será do 9 ao 21 de marzo, ambos os dous incluídos. A continuación, o prazo de preinscrición para novas/os usuarias/os establécese do 22 de marzo ao 16 de abril.

Ademais da posibilidade de presentar as solicitudes nas respectivas escolas infantís, as persoas que o desexen poderán cubrir a solicitude en liña que como formulario electrónico se atopará na páxina web: www.igualdadebenestar.org. Posteriormente, e antes de que finalicen os prazos sinalados, presentarán esa mesma solicitude impresa debidamente asinada e acompañada da correspondente documentación nos citados rexistros.

Listas e prazos de matrícula
As listas provisionais de admitidos/as e de agarda publicaranse o 9 de xuño. O prazo de reclamacións é de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ao da súa publicación.

As listas definitivas de admitidos/as e de agarda faranse públicas o 14 de xullo.

Tanto os listados provisionais como os definitivos publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Santiago de Compostela, nesta páxina web, nas Escolas Infantís, no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e páxina web deste: www.igualdadebenestar.org.

O prazo de matrícula, tanto para os que fixeron reserva e renovación, como para os que fixeron prescrición, será do 15 ao 29 de xullo.

Tal e como consta no Regulamento de Réxime Interior das Escolas Infantís, de non formalizarse a matrícula no prazo estipulado, decaerá o dereito á praza aínda tendo reserva ou aparecendo na listaxe de admitidos/as.

Lugares de preinscrición:

- San Roque - Rúa das Rodas, s/n. 15704 - Tlf.: 981 528 704.
- Polígono do Tambre - Rúa das Mulas, s/n. Polígono do Tambre. 15890 - Tlf.: 981 528 705.
- Tras Parlamento - Praza da Constitución, s/n. 15702 - Tlf.:981 528 706.

Compartir: