BENESTAR SOCIAL

"Infórma-T" asesora sobre todo tipo de prestacións aos veciños de Santiago Norte

09/03/2011 O Equipo de Dinamización Social de Benestar Social pon en marcha o servizo Infóma-T, no marco da iniciativa europea Urbana Santiago Norte, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou este servizo, que ten como obxectivo fundamental a ampliación e mellora da Rede Pública dos Servizos Sociais de Santiago de Compostela. Ofrece información, orientación e asesoramento sobre todo tipo de recursos e prestacións, ampliando a accesibilidade á información dos veciños e veciños da área de Santiago Norte.

A concelleira indicou que Infóma-T pretende ser un servizo próximo a toda a poboación da Zona Urbana Norte. Así, calquera persoa poderá acceder a este servizo acudindo directamente aos puntos de atención situados nos principais centros socioculturais de referencia da zona e na Casa das Asociación de Benestar Social (CABES) en Salgueiriños.

Dúas traballadoras sociais atenderán o servizo nos tres centros e nos horarios previstos inicialmente, pero non se descarta aumentar os días e as horas se a demanda así o esixe. Neste sentido, a concelleira destacou a "discriminación positiva" que en certo modo se realiza con este punto de información para a poboación destes barrios do Norte, con determinados perfís sociais e de idade.

Os horarios e días de atención ao público serán os seguintes:

- Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite: Martes, de 9:00 a 14:00 horas.

- Centro Sociocultural da Trisca: Xoves, de 9:00 a 14:00 horas.

- Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños): Venres, de 9:00 a 14:00 horas.

Documentos relacionados



Compartir: