ALCALDÍA

Recoñecemento ao labor desempeñado pola Policía Local durante o Ano Santo

05/03/2011 Con motivo da festividade do Santo Anxo da Garca, celebrouse a tradicional recepción á Policía Local no Salón Nobre de Raxoi. Nesta ocasión, o evento tuvo como particularidade a entrega por parte do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, dun recoñecemento a todo o corpo polo labor desempeñado durante o Ano Santo. Ademais, impuxéronse catro medallas a título particular ao inspector Juan José Lemos Nieto, ao oficial Juan Manuel Vilaseco Barros (ambos xubílanse este ano) e, a título póstumo, aos policías José Isidro Bermúdez Agra e Jesús Millán Castro.

Este recoñecemento e as medallas particulares foran acordadas por unanimidade no Pleno da Corporación de febreiro. Así, un dos que recibiu as medallas foi Juan José Lemos Nieto, inspector que ingresou no corpo en 1973, ascendendo a oficial en 1986 e á categoría que ten na actualidade tres anos máis tarde. Tamén foi condecorado Juan Manuel Vilaseco Barros, oficial que ingresou en 1979, logrando o ascenso en 1990. Ambos xubílanse neste mes de febreiro.

A título póstumo entregóuselle a Medalla do Corpo a José Isidro Bermúdez Agra e a Jesús Millán Castro, que viñan desempeñando o seu labor como policías locais desde 1984 e 1990, respectivamente.

Tamén recibiron o recoñecemento dos seus compañeiros outros seis policías locais xubilados en 2010: Carlos Luís Fernández Feijóo, Manuel Mosquera Garabal, Avelino Rodríguez Calvo, Miguel Otero Puente, Domingo Clemente Vila Mayo e José Arturo Pérez Manteca.

En canto ao recoñecemento á Policía Local polo labor desempeñado no Ano Santo, a Alcaldía e a Concelería de Seguridade Cidadá consideraron que "a celebración do Ano Santo 2010, o de máis influencia de peregrinos da historia, puxo a proba a eficacia de tódolos servizos municipais, pero de maneira especial supuxo un reto para a nosa Policía Local. A planificación e desenvolvemento dos servizos para afrontar os grandes eventos programados, a profesionalidade e implicación dos seus membros, e o alto nivel de eficiencia nos resultados obtidos, fai que a Policía Local de Santiago fose motivo de orgullo para esta Concellería".

A proposta levada no seu día a Pleno indicaba que "así mesmo, a visita da súa Santidade o Papa Benedicto XVI, o día 6 de novembro do ano 2010, conlevou a planificación e execución do dispositivo de seguridade máis amplo na historia de nosa cidade. A Policía Local de Santiago, en estreita colaboración co resto de forzas e corpos de seguridade, membros da organización e resto de servizos implicados, contribuíu á proxección internacional da imaxen de capacidade organizativa que se deu da nosa cidade e do noso país, contribuíndo á dignificación e recoñecemento público da Policía Local.

O Regulamento do Corpo da Policía Local de Santiago de Compostela no seu título V dos premios e distincións, e concretamente no seu artigo 43, contempla a felicitación pública por parte do alcalde para aqueles membros do Corpo que se distingan durante a prestación do servizo ou teñan unha actuación destacada ou especialmente meritoria. A Concellería de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá considerou que debía outorgarse este ano os membros da Policía Local.

Compartir: