RECOLLIDA SELECTIVA DE ACEITES
A recollida selectiva de aceites de fritura usados ou das conservas é unha necesidade medioambiental.
Os restos de aceites vexetais procedentes da cociña, que seguramente se tiran polo vertedoiro, ademais de danar as canalizacións co risco de producir atoamentos, aumentan enormemente o custo de funcionamento das depuradoras municipais.
¿Como?
Aos estabelecementos hostaleiros ou similares facilitaráselles de balde un recipiente axeitado, se así o solicitan. Este recipiente, unha vez cheo, será recollido coa periodicidade que interese ao estabelecemento e substituirase por outro baleiro.
Para o conxunto da cidadanía estabeleceranse lugares de recollida (Mercado de Abastos, centros socioculturais, Universidade, locais de asociacións, etc.), porque FALAMOS DUN COMPROMISO DE TODOS E TODAS
O servizo é totalmente gratuíto para os seus usuarios.
¿Para que?
O destino final destes residuos é a produción de biodiésel, pechando deste xeito unha actuación medioambiental completa.
Na actualidade se recolle aceite de fritura usado como aplicación do convenio entre o Concello de Santiago e a Plataforma polo Emprego. A recollida deste residuo se realiza en 50 puntos de recollida: locais de hostaleira, centros de ensino non universitarios, centros socioculturais: Fontiñas, Amio, Castiñeiriño, Vite, A Trisca e Conxo, Centros dependentes da Universidade de Santiago e doutras asociaciacións.
O aceite vexetal usado recollido no Concello de Santiago foi a seguinte : ano 2004: 875 litros e ano 2005: 4.100. Total: 4.975 litros
No Ano 2005 a tendencia mensual e a seguinte: Xaneiro 405 litros, Febreiro 755 litros, Marzo 802 litros, Abril 893 litros, Maio 1.245 litros.
Desta cantidade 875 litros ( 17.6 %) foron recollidos á universidade de Santiago de Compostela e 680 litros (13.7 %) en locais sociais de entidades, a praza de abastos e o centro sociocultural de Fontiñas (recollida de particulares).
A cantidade recollida de particulares, asociacións, centros socioculturais, e centros de ensino foi 1555 litros o que supuxo un 31.3 % do total recollido.
Campaña para incrementar a recollida selectiva de aceites de fritura usados
07/06/2005 A Concellaría de Medio Ambiente de Santiago de Compostela ten entre os seus obxectivos ofrecer un servizo de calidade en relación co tratamento e a xestión dos residuos, entre os cales se atopan os aceites de fritura usados e os das conservas.
¿Por que?A recollida selectiva de aceites de fritura usados ou das conservas é unha necesidade medioambiental.