DEPORTES

Santiago acolle esta fin de semana a segunda proba do Campionato de España e de Galicia de Enduro

25/04/2024 Compostela acollerá a segunda proba do Campionato Nacional de Enduro. Do venres 26 ao domingo 28 de abril, os circuítos dispostos na contorna do Estadio Verónica Boquete acollerán á elite a nivel nacional deste deporte de resistencia e habilidade.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta proba nunha rolda de prensa na que tamén participou a subdirectora da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, Belia Médez, e o presidente da Federación Galega de Motociclismo, José Camba, e que contou coa presenza de varios dos pilotos participantes na proba.

A concelleira recordou que "Santiago se convertirá esta fin de semana na capital do enduro" xa eu "participarán pilotos cun gran palmarés" polo "que serán unhas xornadas espectaculares para quen guste do motor" e tamén convidou á veciñanza a asistir ás probas "con prudencia e sempre respetando todas as medidas de seguridade".

Santiago acollerá a segunda das citas do campionato nacional que comenzo en Antas en marzo e estar seguida por outras probas que se desenvolverán ao longo deste ano en Cartagena, Infiesto, Cózar u Obejo.

O Enduro de Santiago, que consta de varias categorías (supertest, extreme test, enduro test, e cross test), arrincará o venres ás 19:30 horas da tarde co habitual supertest situado xunto ao paddock, nos exteriores do estadio Verónica Boquete. Mentres que, sábado e domingo, desde as 09:00 da mañá, os pilotos participarán nas modalidades de extreme, enduro e cross.

O Gran Premio de España está organizado polo Moto Club Móvete na Moto coa colaboración das Federación Galega de Motociclismo e conta co apoio do Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Deporte Galego, a Xunta de Galicia, a Policía Nacional e Local, a Garda Civil e Protección Civil de Santiago.

Compartir: