ALCALDÍA
A veciñanza reclamou unha mellor coordinación dos espazos de estacionamento durante eventos deportivos no Multiusos Fontes de Sar, para evitar a presenza de vehículos en lugares non habilitados para aparcar no Viso, ao que se buscará unha alternativa.
En canto aos asolagamentos provocados logo das obras de ampliación da AP-9 e da Cidade da Cultura, pola falta de canalizacións de auga cando chove, xa se lle trasladou á Xunta que debe facer as obras que lle corresponden para a recollida de pluviais.
Ademais, estudarase a posibilidade de instalar un parque infantil en función da existencia dunha parcela que sexa apta para esta dotación e da dispoñibilidade orzamentaria.
A alcaldesa visitou a veciñanza do Viso para recoller as súas propostas de mellora
17/04/2024 A alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada do concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, e da concelleira de Medio Rural, Pilar Lueiro, mantiveron un encontro con veciñanza do lugar do Viso durante unha visita á zona onde analizaron as necesidade de mellora de pavimentación, seguranza viaria e a canalización de augas pluviais, entre outros temas
Durante a visita informaron de que o programa de asfaltados do Servizo de Proxectos e Obras inclúe a rúa das Casas da Hedra e a travesa das Casas da Hedra, cun investimento por valor de 27.556 euros (máis IVE), con actuacións previas e reparación de firmes. Ademais, valoraranse outros tramos que se estimen prioritarios nesta zona.A veciñanza reclamou unha mellor coordinación dos espazos de estacionamento durante eventos deportivos no Multiusos Fontes de Sar, para evitar a presenza de vehículos en lugares non habilitados para aparcar no Viso, ao que se buscará unha alternativa.