CONSORCIO

Publicada a licitación da concesión para o servizo de xestión, explotación e mantemento do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia

26/03/2024 Este martes 26 de marzo publícase na Plataforma de Contratación do Estado e no Diario Oficial da Unión Europea, a licitación para a concesión da xestión do Palacio de Congresos para os próximos 7 anos, non prorrogables.

O prezo de licitación da concesión calculase multiplicando a cifra de negocio estimada polo número de años de concesión, e ascende a un total de 10.942.365 millóns de euros, cunha inversión mínima de 350.000 euros en mobiliario e equipamento. Os criterios de adxudicación abranguen, por unha banda, un canon fixo anual mínimo de 50.000 euros e outro variable dun 5,5% sobre o importe neto anual da cifra de negocio; e tamén a posibilidade de mellorar os días de libre disposición para as administración consorciadas, que mínimo deben ser 20. Tamén se puntuarán a proposta organizativa e de funcionamento e o programa de conservación e mantemento das instalación.

A licitación segue a previsión plantexada polo Consorcio de Santiago, en vistas a unha adxudicación e concesión nova en vigor o 1 de outubro do 2024, mes para o que está previsto que o Palacio de Congresos recupere a súa actividade habitual. A nova empresa concesionaria deberá garantir a xestión do Palacio de Congresos durante os próximos 7 anos, ata o 2031, durante os cales deberá executar a proposta organizativa e de funcionamento ofertada.

Actualmente, o Palacio de Congresos está pechado ao público debido as obras de substitución da cuberta do edificio, mais as empresas interesadas poderan visitalo de cara á aleboración das súas propostas. O Consorcio de Santiago está dispoñible para atender calquera dúbida ou aclaración ao respecto da licitación, tanto telemática como presencialmente na sede do Consorcio na Rúa do Vilar 59, Santiago de Compostela.

Direccións relacionadas



Compartir: