DEPORTES

Preto de 160 atletas participarán este sábado na XXI edición do Duatlón Cidade de Santiago

15/03/2024 A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou hoxe os detalles do XXI Duatlón Cidade de Santiago e do XXIV Duatlón Escolar. Na rolda estivo acompañada por Paloma Herbello Hermelo, presidenta do Club Triatlón Santiago e por Juan Carlos Ageitos Sampedro, delegado da Federación Galega de Triatlón na comarca de Santiago.

Este sábado 16 de marzo o club compostelán Triatlón Inforhouse Santiago, en colaboración co Concello de Santiago e a Federación Galega de Triatlón, organiza o XXIV Duatlón Escolar Cidade de Santiago que terá lugar a partir das 09:30 horas, que estará seguido dunha proba do Circuíto Supersprint. Na xornada de tarde celebrarase o XXI Duatlón Cidade de Santiago dende as 15:30 as 19:30 nas inmediacións do Estadio Municipal Verónica Boquete.

A concelleira de Deportes animou á veciñanza a achegarse ao barrio de San Lázaro para ver a proba e gozar tamén da Festa da Uña que se celebra esta fin de semana.

XXIV Duatlón Escolar Cidade de Santiago

Esta competición será clasificatoria para o Campionato Galego de Duatlón e participarán 157 atletas, das cales 26 serán mulleres, de distintos clubs de Galicia.

A proba transcorre polas inmediacións do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro e constará de 3 saídas. Comezarán ás 15:30 coa saída masculina sen tempo de corte, as 17:15 será a saída masculina con corte e finalmente as 17:30 a saída feminina. Neste caso as distancias serán de 5 km de carreira a pé antes de enfrontarse o circuíto de ciclismo de 18,5 km co atractivo de ter que subir 3 veces ó Monte do Gozo e finalmente outra carreira a pé de 2,5 km.

Duatlón escolar

A proba escolar será clasificatoria a nivel provincial dentro do programa Xogade promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte. Estas probas están dirixidas a rapazas e rapaces nados entre o 2009 e 2016. Ademais haberá unha proba non competitiva para os máis pequenos, nados entre 2016, 2017 e 2018 que teñan os 6 anos cumpridos. A saídas serán por categorías entre as 09:30 as 12:00, recorrendo distancias entre 200 e 1600 m na carreira a pé e entre 1,7 e 6,8 Km no sector de bicicleta. Estímase unha participación de 200 rapazas e rapaces.

Supersprint

Finalizadas as probas escolares, será o turno dos deportistas federados a nivel autonómico de categorías cadete, xuvenil e junior nunha proba puntuable para o Circuíto Supersprint. En primeiro lugar deben facer 2 Km de carreira a pé polas bancadas da zona de aparcamento do estadio municipal seguidos de 7,2 km de ciclismo na estrada que leva o Monte do Gozo e finalmente outra carreira a pé de 1Km o redor do estadio.

Este mesmo percorrido será ao que se enfrontarán os deportistas na proba promocional aberta a deportistas non federados ou con licenza de ciclismo. O obxectivo desta proba é facilitar os deportistas afeccionados unha toma de contacto con esta disciplina deportiva. Este ano coma novidade esta proba pódese participar por equipos: un corredor máis un ciclista en categorías feminina, masculina e mixta.

No conxunto das saídas en distancia Supersprint, participarán 145 deportistas.

Compartir: