MOBILIDADE E CONVIVENCIA

A Policía Local de Santiago imparte un curso práctico sobre seguridade viaria para persoas maiores

14/03/2024 O Centro Sociocultural de Fontiñas acolleu esta semana unha charla sobre seguridade viaria impartida por membros da Policía Local e dirixida a persoas maiores de 65 anos. Baixo o título "Maiores máis seguros", a formación completouse cunha ruta práctica polo barrio das Fontiñas co obxectivo de identificar os posibles perigos e os lugares máis seguros por onde camiñar e cruzas as vías durante o percorridos cotiás das persoas participantes.

Enmarcada no programa de actividades do Departamento de Educación Viaria da Policía Local, o obxectivo desta charla é achegar unha serie de recomendacións ás persoas maiores para que poidan desenvolver un papel activo na prevención de accidentes na vía pública tendo en conta as particularidades asociadas á súa idade. Así, durante a formación celebrada no CSC de Fontiñas, as persoas asistentes recibiron indicacións sobre cales son as conductas máis seguras á hora de camiñar e cruzar por unha estrada ou vía urbana ou de utilizar o transporte público.

Respecto á condución de vehículos, os instructores tamén fixeron fincapé nunha serie de recomendacións asociadas ás limitacións propias da idade como a pérdida de visión, de oído ou diminución de reflexos, etc. Neste sentido, os axentes recordaron a importancia de someterse a revisións periódicas e tamén alertaron dos efectos negativos que moitos medicamentos teñen na condución de vehículos, de ahí a necesidade de consultalo co médico ou confirmalo no prospecto do produto.

A actividade rematou cun paseo polas rúas da zona de Fontiñas para amosar dunha maneira práctica a estas persoas cales son os perigos cos que se poden encontrar nas súas rutas diarias e cales son os lugares mais seguros por onde camiñar e cruzas as vías. Ademais, cada persoa participante recibiu cadanseu chaleco reflectante para que cando vaian camiñando polas vías públicas sexan perfectamente visibles con suficiente antelación polos conductores que se acheguen a eles.

Compartir: