LINGUA
Estas son os vídeos gañadores, que poden verse na web do certame ou na canle de Youtube:
Categoría xeral
• A máis brava: ARRIEIRO E CHAMINHO "Cumbia do choque"
• A máis aguda: ESCOLA DE REGUEIFA DE CARBALLO "Vai de voda"
• A máis diversa: TEISEIROS REGUEIFEIROS "Regueifa pola saúde mental"
• A máis reivindicativa: IVÁN E AROA "Regueifa de coidar a terriña"
• A mellor cantada: GRUPO XUVENIL DA TERCEIRA IDADE DE POIO "Sempre vida"
• A mellor falada: AS DA MUIÑEIRA "Os deberes"
Categoría escolar
• A máis brava: OS MÁIS BRAVOS "Queremos moito ás nosas profes". Alumnado do CEIP de Bormoio-Agualada (Coristanco).
• A máis aguda: REGUEIFEIRXS DA CHÁ "Regueifando apréndese mellor". Alumnado do IES Santiago Basanta Silva (Vilalba).
• A máis diversa: 2º B QUIROGA PALACIOS "O noso Entroido". Alumnado do CEIP Pluringüe Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela).
• A máis reivindicativa: 6º E.P. CEIPP SANTA Mª DO CASTRO "O granulado non é pasado". Alumnado do CEIPP Santa María do Castro, Cabo de Cruz (Boiro).
• A mellor cantada: REGUEIFEIRAS DO CAMBALLÓN "A nosa música na nosa voz". Alumnado do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces).
• A mellor falada: REGUEIFEIROS DE RAZO "Regueifa en Razo". Alumnado do CEIP Plurilingüe Nétoma-Razo (Carballo).
O xurado acordou ademais conceder un accésit á Regueifa máis inclusiva a NOA E MARTÍN polo vídeo "Todo isto son mentiras" (IES Antonio Fraguas, Santiago de Compostela).
O 3 de abril terá lugar a entrega de premios nunha gala no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 11 horas. O evento estará conducido por Manolo Maseda e Séchu Sende, e polas formadoras do certame Enreguéifate Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Nuria das Cruces, e será un percorrido polas formas de improvisación oral galegas no que non faltará a música en directo.
Xa hai gañadoras do Enreguéifate 2024!
12/03/2024 Xa se coñecen as regueifas premiadas na sétima edición do certame Enreguéifate, o proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír por medio dela á promoción do uso da lingua galega. Como en edicións anteriores, o certame contou con dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios; e cun total de seis premios en cada unha das categorías: á regueifa máis brava, á máis aguda, á máis diversa, á máis reivindicativa, á mellor cantada e á mellor falada.
O xurado estivo composto por Carme Pereiro, normalizadora lingüística do Concello de Carballo; Fátima Souto, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; e Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro. Valoraron un total de 56 regueifas, 47 delas inscritas na categoría escolar e 9 na xeral.Estas son os vídeos gañadores, que poden verse na web do certame ou na canle de Youtube: