FESTAS

Chaián celebra este domingo a XLVII Festa do Escalo

13/07/2023 A Festa do Escalo de Chaián vénse celebrando desde hai máis de 40 anos, e inclúe o xa tradicional concurso de pesca de ciprínidos, así como unha concorrida festa gastronómica e posterior baile. Esta xornada conta co apoio do Concello de Santiago polo que está incluída no programa de Festas do Apóstolo 2023.

A Venatoria (Sociedade de Caza e Pesca "La Venatoria" de Santiago) é a encargada de organizar a competición deportiva de pesca de ciprínidos no seu acoutado de Chaián, no río Tambre. Este concurso, que conta co apoio dos Concellos de Santiago e Trazo, arrancará o vindeiro domingo ás 09:00 horas e pecharase ás 13:45 horas coa pesaxe das capturas e a entrega dos trofeos.

A continuación, celebrarase a tradicional romaría con grupos de gaitas, polbeira, xogos infantís para pechar o día coa verbena popular a cargo do grupo La Bamba.

Compartir: