XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica o contrato do servizo de mantemento de viais e parcelas de titularidade municipal do rural

06/06/2023 A Xunta de Goberno, reunida en sesión extraordinaria, acordou adxudicarlle, o contrato do "Servizo para a execución de diversas operacións de conservación, mantemento e reparación de pavimentos e drenaxes nos viarios e espazos públicos municipais do medio rural do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)" á empresa Obras y Viales de Galicia SL, por un importe de un millón de euros, divididos en dúas anualidades.

Este contrato ten por obxecto a execución, no termo municipial de Santiago, das operacións de roza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viarios (rúas, estradas, pistas, sendas peonís ou ciclistas), carreiros fluviais e parcelas (dotacionais, zonas verdes non acondicionadas, edificables, etc.) de titularidade municipal ou de xestión, ou aqueles que poidan ser construídos ou recibidos ao longo da duración do contrato.

Es traballos divídense en dous grupos. No primeiro, estarían incluídas as actuacións e servizos necesarios para acadar unhas condicións de viabilidade e seguridade nos viais que correspondan co obxecto do contrato. Entre eles a atención a incidentes, o servizo de comuniccacións, recepción e seguimento de avisos, a axenda de información do estado e funcionamento dos viais ou a coordinación e seguimento dos traballos realizados.

E o segundo comprende os traballos que se precisan para o mantemento dos elementos constitutivos dos viais. Entre eles a limpeza e reparación de cunetas, a limpieza por desprendementos e verteduras accidentais; a limpeza de caños, colectores ou sumidoiros; a limpieza de sinais e carteis; o formigonado de berma; ou o segado da herba e despexe da vexetación nas marxes dos viais, así como nas parcelas de titularidade municipal.

Compartir: