CONSORCIO

O Consorcio de Santiago celebra o Día das Letras Galegas coa entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido este mércores

16/05/2023 O Consorcio de Santiago conmemorará este Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Francisco Fernández del Riego, coa entrega de balde de publicacións en galego coeditadas polo Consorcio a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido na Praza de Praterías, este mércores 17 de maio.

Os exemplares que se porán a disposición dos visitantes están relacionados coa Literatura, a Arte e a Historia en Santiago, pertencentes ás diferentes bibliotecas do Consorcio, e escritos en lingua galega.

Neste momento, ademais, na Casa do Cabido pode visitarse a exposición 'Mirar a cidade. Unha visión poliédrica', unha mirada persoal de Compostela do fotógrafo Fuco Reyes.

O horario de apertura este día 17 será de 10h a 14h e 17h a 21h.

Compartir: