EDUCACIÓN

O barrio de Santa Marta acolle este sábado o concerto da EMM para a veciñanza, adiado por mor da meteoroloxía

05/05/2023 O Departamento de Educación e a Escola Municipal de Música organizan un ano máis, e xa van vinte, un novo 'Concerto para a veciñanza'. Esta cita coa música, no que participarán diferentes agrupacións musicais do centro, está pensado para dar a coñecer o traballo realizado pola comunidade educativa da EMM e dinamizar a vida local e cultural dos barrios procurando descentralizar e achegar a música a todos os sectores de poboación.

Nesta edición o lugar escollido para o 'Concerto para a veciñanza' é un dos máis senlleiros da cidade: o barrio de Santa Marta. O concerto está previsto para as 12:00 horas do vindeiro sábado 6 de maio, no centro sociocultural de Santa Marta.

A veciñanza de Santa Marta poderá gozar das actuacións das diferentes agrupacións da EMM: a Banda de Iniciación, a Orquestra e a Banda da Escola Municipal de Música. Estas agrupacións son un dos piares máis importantes nos que se sustenta o traballo da Escola, baseado na idea de que a música en conxunto é un dos mellores medios para aprender, medrar e madurar musical e cognitivamente.

Programa do concerto

- Bandiña (Banda de Iniciación)

Director: Víctor Manuel Collazo

Valse Romántico, do repertorio dos Dezas de Moneixas.
Xota de Buscás, do repertorio de Calviño de Buscás.
Muiñeira de Faustino, do repertorio de Faustino Santalices.
Mazurca do Cañizo, do repertorio de Airiños do Cañizo.
Buenas Noches!, fox trot de Ricardo Courtier.

- Banda

Director: Óscar Fernández

Juventus (R. Amstad)
Highlights from Harry Potter (J. Williams)
Believer (Arr. V. López)

- Big Band

Director: Fernando Rei

Bye Bye Blackbird ( Arrx. Mark Taylor)
Summertime (George Gershhwin)
All of me ( Arrx. Paul Murtha)
Blues in Hoss´ Flat ( Arrx. Rick Stitzel)

Compartir: