SERVIZOS BÁSICOS

Nota aclaratoria sobre a recollida de lixo das illas de quita e pon en Salgueiriños

24/04/2023 Ante as imaxes difundidas en diferentes redes e medios de comunicación nas que se amosa a varios operarios de Urbaser realizando a recollida de lixo dos contedores das illas de quita e pon do casco histórico en Salgueiriños, o Concello de Santiago quere realizar as seguintes aclaracións:

- Logo de realizar as convenientes pescudas, desde a empresa concesionaria explícase que a pesar de que os contedores que se amosan no vídeo son de diferentes cores, a fracción é a mesma: envases.

- Os contedores que se sitúan dentro das illas de quita e pon non sempre teñen a cor correspondente á franxa para a que dan servizo, precisamente porque eses contedores non se ven, atopándose no interior da estrutura da propia illa.

- O camión que se amosa no vídeo é un camión de carga traseira que só recolle a fracción de envases.

Así pois, todos os contedores, de 800 e 360 litros son de envases lixeiros, como así veñen rotulados nas illas nas que despois se introducen, polo que en ningún caso se pode falar dunha recollida errada nin que haxa unha mestura de residuos. Cada camión recolle a súa fracción, de feito, a fracción de orgánico xa fora debidamente recollida con anterioridade á gravación das imaxes difundidas por outro camión de gas como figura nos rexistros da empresa concesionaria, así como o papel e o vidro, por Coregal e Ecovidrio respectivamente.

Compartir: