XUNTA DE GOBERNO
Será na Xunta de Goberno do luns na que previsiblemente se lle dará luz verde ao proxecto técnico da obra coa que se busca "priorizar a mobilidade peonil, mellorar a accesibilidade e a funcionalidade da rúa" logo de terse completado a reconstrución do muro na parte que limita co parque da Alameda, explica o concelleiro de Obras. Gonzalo Muíños que recalca que se trata de conseguir "unha rúa máis amable para os peóns con zonas estanciais de descanso e outras de carga e descarga sinalizadas e vinculadas aos usos de vivenda e hoteleiro da rúa".
A calzada resolverase en formigón pulido e a beirarrúa xunto as edificacións cun novo pavimento de cantería granítica. Dentro dela colocaranse novos elementos de mobiliario urbano (xardineiras, asentos, papeleiras e farois), xerando unha liña de protección descontinua entre o tráfico rodado e os peóns. Na beirarrúa oposta, ao carón do muro, colocarase un bordo de pedra granítica que separará esta da propia carreteira.
Nunha zona central da vía, onde a beirarrúa alcanza un ancho de 3,10 metros, habilitaranse zonas de carga e descarga diferenciadas en despezamento e textura de pavimento granítico.
Ademais, a intervención aproveitarase para substituír unha antiga canalización de fibrocemento en mal estado, executarase unha nova rede de saneamento separativa (pluviais, fecais) e manteranse as redes de abastecemento e gas substituíndo as acometidas, e executaranse novas redes de telecomunicacións e alumeado.
Rehabilitación de firmes de vías urbanas por medio millón de euros
Tamén na xunta de goberno de mañá se aprobará a adxudicación de obras de rehabilitación de firmes en dez ámbitos da cidade por valor de 458.811 euros e cun prazo de execución de catro meses.
A proposta contempla actuacións en: Rúa de Alfredo Brañas, rúa de Santiago de Chile, rúa das Canteiras do Sar, rúa dos Forniños, rúa de Amio, rúa da Carballa e rúa de Seoane, Travesa da Estrada, rúa do Combarro e Travesa do Combarro, rúa de Diego Bernal, rúa do Pino e rúa de Mallou de Abaixo.
A Xunta de Goberno aprobará mañá o proxecto técnico para a reurbanización da rúa do Pombal
05/03/2023 Tamén se aprobará a adxudicación das obras de rehabilitación de firmes urbanos por valor de 458 mil euros.
Cunha inversión de máis de 750.000 euros e un prazo de execución de 8 meses, a reurbanización da rúa do Pombal suporá unha ampliación da beirarrúa próxima ás edificacións, a colocación de pasos peonís elevados para a redución da velocidade do tráfico rodado e a renovación e dotación de servizos urbanos: abastecemento de auga e rego, saneamento, alumeado público, gas natural e telecomunicacións.Será na Xunta de Goberno do luns na que previsiblemente se lle dará luz verde ao proxecto técnico da obra coa que se busca "priorizar a mobilidade peonil, mellorar a accesibilidade e a funcionalidade da rúa" logo de terse completado a reconstrución do muro na parte que limita co parque da Alameda, explica o concelleiro de Obras. Gonzalo Muíños que recalca que se trata de conseguir "unha rúa máis amable para os peóns con zonas estanciais de descanso e outras de carga e descarga sinalizadas e vinculadas aos usos de vivenda e hoteleiro da rúa".