ACCIÓN CULTURAL

A Praza de Cervantes acolle a feira do V Festival Rosalía

25/02/2023 A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou hoxe na apertura da feira do V Festival Rosalía. Mercedes Rosón destacou toda a iconografía creada arredor de Rosalía, "a nosa figura máis universal", da que se pode ver unha mostra nesta feira, que se desenvolverá durante toda a xornada na Praza de Cervantes. Nela pódense mercar distintos obxectos e pezas de roupa vinculados á escritora, ben a través da súa imaxe ou dos seus versos.

A quinta edición do Festival Rosalía, que se celébrase baixo o lema "O galego é o noso superpoder", está organizado pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Santiago de Compostela. A programación para o que queda de xornada conta con propostas escénicas a cargo de Sole Felloza, que conmanda o espectáculo infantil Chove Miudiño, e de Uxía Pedreira e Marina Oural, que no CSC Maruxa e Coralia representan "1 faba, 1 vida": o recital poético "Non hai quen los bote", a cargo de Andrea Nunes, Ánxela Lema, Lucía Aldao e Diana Kurich". E ás oito e media, terá lugar o concerto do Val das Mouras no Teatro Principal que clausura este quinto Festival Rosalía.

Despois da apertura da feira, tivo lugar a tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro que cada ano se celebra no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval; á que asistiron Mercedes Rosón e a concelleira de Medio Rural, Begoña Rodríguez á tradicional

Venres 25

12.00h | Apertura da Feira e Visita de Super Rosalía
12.30h | PRIMAVERA VAI CHEGAR. Recital musicado con Faia. Colexio Maior de Santo Agostiño.
13.00h| PASARRÚAS ROSALIANO. Pasarrúas teatralizado con Os Quinquilláns. Saída da Praza de Cervantes.
13.30h | PRIMAVERA VAI CHEGAR. Recital musicado con Faia. Colexio Maior de Santo Agostiño.
16.30h | CHOVE MIUDIÑO. Espectáculo infantil con Sole Felloza. Praza de Cervantes
17.30h | O FEMINISMO EN ROSALÍA: MÁIS UN SUPERPODER. Faladoiro con María Xesús Lama, Carme Adán e María Reimóndez. Praza de Cervantes
18.30h | 1 FABA, 1 VIDA. Poesía e música con Ugia Pedreira e Marina Oural. CSC Maruxa e Coralia.
19.30h | NON HAI QUEN LLOS BOTE. Recital poético con Andrea Nunes, Ánxela Lema, Lucía Aldao e Diana Kurich. Praza de Cervantes
21.00h | Concerto de O VAL DAS MOURAS. Teatro Principal.

Compartir: