ALCALDÍA

Concentración en silencio en solidaridade co pobo ucraíno

24/02/2023 A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un acto de cinco minutos de silencio como mostra de pesar pola guerra en Ucraína, que xa cumpre un ano desde o seu inicio. A Banda Municipal de Música de Santiago interpretou o himno do país a modo de homenaxe ao pobo ucraíno.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou no acto, ao que tamén se sumaron outros/as integrantes da Corporación, traballadores/as municipais, representantes doutras institucións e un nutrido grupo de cidadáns ucraínos residentes en Compostela. Os cinco minutos pecháronse coa interpretación do himno de Ucraína, a cargo da Banda Municipal de Música de Santiago.

Este acto súmase a outras iniciativas lanzadas polo Concello ao longo deste ano como a recollida e o envío de produtos de primeira necesidade, xestionado a través de Protección Civil Santiago ou a coordinación e colaboración con outras administración para a acollida de refuxiados na cidade.

Compartir: