MEDIO AMBIENTE
Aínda que se seguen a facer pequenos axustes, queda demostrado que a cidadanía asumiu como propia esta iniciativa e a colaboracións está a ser abrumadora. Seguirase mantendo o servizo de información a pé de rúa durante unhas semanas máis e prevese rematar nesta quincena o reparto dos cubos á hostalería da cidade histórica co obxectivo de comezar tamén o servizo de recollida porta a porta nestes establecementos.
O Concello agradece a colaboración dos residentes da zona histórica na xestión da recollida do lixo
05/02/2023 O seu compromiso fixo desaparecer case por completo as bolsas dos soportais.
Desde o Concello de Santiago queremos agradecer o compromiso e colaboración das familias da zona vella co novo sistema de recollida de lixo nas illas de reciclaxe de quita e pon. A menos dun mes da súa posta en marcha, xa son puntuais os depósitos de bolsas de lixo que se poden atopar pousadas nos soportais do casco histórico.Aínda que se seguen a facer pequenos axustes, queda demostrado que a cidadanía asumiu como propia esta iniciativa e a colaboracións está a ser abrumadora. Seguirase mantendo o servizo de información a pé de rúa durante unhas semanas máis e prevese rematar nesta quincena o reparto dos cubos á hostalería da cidade histórica co obxectivo de comezar tamén o servizo de recollida porta a porta nestes establecementos.