URBANISMO

O alcalde anuncia en Lavacolla a creación dunha comisión de traballo para avaliar as alegacións presentadas ao Plan Especial do Camiño de Santiago

22/01/2023 Nun encontro coa veciñanza, o alcalde asegurou que "o Plan só sairá adiante se é cun consenso razoable". Recalca que será a aprobación do mesmo o que "permitirá a declaración de Área de Rehabilitación Integral, coa que os veciños poderánse acoller a axudas e subvencións como no caso de Vite ou Pontepedriña".

Entre 4 e 5 meses é o prazo que baralla o alcalde no que se poderán resolver as 51 alegacións que se presentaron ata o de ágora ao Plan Especial do Camiño de Santiago, que afecta ás parroquias de Lavacolla, Bando e San Lázaro: "imos a crear unha comisión de traballo, na que van a participar os técnicos e unha representación dos veciños para avaliar as alegacións presentadas" explica o alcalde, que haberá que ver o "encaixe legal que teñen" esas alegacións co marco normativo que rodea o plan.

O Plan Especial do Camiño de Santiago é un documento técnico, elaborado polo Consorcio a petición do Concello de Santiago, e que unifica toda a regulación existente para a edificación na contorna do camiño e garantir a preservación do valor etnográfico e paisaxístico da zona. Recalca o alcalde que o plan non é un documento "autónomo", senón que "está limitado pola delimitación dos Camiños de Santiago, pola Lei da Paisaxe da Xunta de Galicia, pola Lei Urbanística e polo propio PXOM". O documento que agora continúa en fase de exposición ao público "inclúe todos estes elementos, incluso o propio Plan Director do aeroporto".

En todo caso, insiste Sánchez Bugallo en que "non temos presa por resolver esta cuestión" e que, en todo caso, "a resolución terá que xerar un consenso razonable entre a veciñanza".

Ademais, explica que a través do Plan poderase dar impulso a unha Oficina de Rehabilitación que preste apoio técnico coa que, ademais, canalizar axudas e subvencións que, noutras ARIs chegaron a ser do 100% para persoas en situación de vulnerabilidade.

Compartir: