MOCIDADE

Arranca a acción formativa "Emprendemento Musical", que se desenvolverá ata maio no Centro Xove de Creación Cultural

13/01/2023 O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, deu esta tarde a benvida aos 31 mozos e mozas que recibirán formación en "Emprendemento Musical" , un curso de balde enmarcado no programa Go2Work. O obxectivo é formar a persoas interesadas en adquirir coñecementos específicos nesta área para poder emprender o seu proxecto profesional, así como na normativa e tramitación legal e fiscal necesaria para o seu desenvolvemento. Un proxecto, sinalou, Prol, "de gran calidade e moi útil para as persoas participantes".

Esta acción formativa, na que se inscribiron 151 persoas, abrangue ata 21 proxectos ou ideas emprendedoras. Desenvólvese no Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, e está cocibida como un programa de desenvolvemento profesional para aqueles músicos emprendedores que queiran definir o plan de negocio dos seus proxectos artísticos, facendo fincapé nas fases de xestión, produción, promoción, distribución e financiamento. O seu obxectivo é proporcionar unha formación especializada que axude ao alumando a identificar todos e cada un dos axentes que interveñen na industria músical, así como coñecer todas as súas áreas.

O curso "Emprendemento Musical" desenvolverase ata o 5 de maio, e consta de 100 horas lectivas: 60 de formación grupal e 40 de titorización práctica individualizada. A acción formativa conta con espazos denominados coworking, destinados á formación e á titorización individual; aulas dotadas das infraestructuras necesarias e servizos que faciliten aos proxectos musicais seleccionados o dsenvolvemento dos seus plans de negocio.

Este proxecto Go2Work, no que colabora o concello de Santiago, está financiado pola EOI, a Escola de Organización Industrial do Ministerio de Comercio e Turismo; o Fondo Social Europeo e a Fundación Paideia Galicia.

Direccións relacionadas



Compartir: