IGUALDADE

O CIM lanza un curso de autodefensa para mulleres antes situacións violentas

14/12/2022 O curso desevolverase entre o 19 e o 27 de xaneiro no Estadio Verónica Boquete e será monitorado por especialistas da Federación Galega de Loita e memebros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Trátase dunha actividade organizada pola Concellaría de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Santiago a través dunha subvención da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

O prazo de rexistro estará aberto a partir de mañá, 15 de decembro e ata o 15 de xaneiro. As inscricións levaranse a cabo por rigoroso orde de presentación da solicitude na sede electrónica do Concello de Santiago, ou de xeito presencial o Rexistro Xeral Municipal (rúa do Presidente Salvador Allende 1-6 baixo). O total de plazas ofertadas é 20, máis 10 de reserva.

Para máis información, as mulleres interesadas poden dirixirse ao CIM no teléfono 981542465 ou no correo electrónico cim@santiagodecompostela.gal

Compartir: