URBANISMO

Comunicado aclaratorio sobre o precintado do local Cacao

13/12/2022 En relación co precintado do local Cacao, aclarar que desde o departamento de Urbanismo, decretouse o peche do local por:

-Carecer de licenza de obra maior, ao non serlle concedida por non presentar a documentación que dilixentemente se lle foi requirindo. A única licenza que tiñan era unha licenza de obra menor para pequenas demolicións interiores e de tabiquería e para baleirado do local, solicitada en xuño de 2021 e concedida ese mesmo mes, concretamente o 23 de xuño de 2021, por un importe algo superior aos seis mil euros.

-Non ter, por conseguinte, unha licenza de apertura nen título habilitante para exercer esa actividade económica.

A pesares da xestión dilixente de Urbanismo, que sempre demostrou celeridade en respostas e informes; o proceso viuse afectado por unhas serie de modificacións substanciais realizadas polo promotor, sobre todo despois do cambio de titularidade no expediente de licenza de obra, que agora está a punto de resolverse. Con data de agosto de 2022 se lle requiriu a entrega de documentación complementaria ao promotor. O pasado domingo, día 11, presentaron documentación, con posterioridade á notificación da orde de precinto; que agora está sendo estudada para a súa resolución.

Como administración, lembramos que a concesión dunha licenza é un proceso reglado, e que esa licenza só se concede se a solicitude cumpre coa legalidade vixente. Dicir, ademais, que sobre este local existen dúas denuncias por parte da veciñanza.

Compartir: