ALCALDÍA

O Concello homenaxea o persoal xubilado en 2022

13/12/2022 O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de homenaxe e entrega de placas aos traballadores e traballadoras municipais que se xubilaron neste 2022

Durante o acto recolleron a súa distinción José Ramón Alonso Fernández, Manuel Antonio Bouzón Barco, José Antonio Redondo Couso, Pedro Sánchez Mariño, Rogelio Canedo Lamela, Ángel Vázquez Loureiro, Santiago Vecino Pena, Constantino Veiras Brea, María Jesús Viqueira Pérez, Amparo Verdú Hidalgo, Anselmo Carou Feijoo, Manuel Vidal Bermúdez e José Manuel Ferro Gendra.

Aínda que non asistiron ao evento, tamén se xubilaron este ano María Elena Castro González, Antonio Cervelo Pardo, Francisco Paredes Gerpe, María Purificación Pintos Barreiro e Juan Manuel Torre Vázquez.

Tamén se lle rendeu homenaxe aos compañeiros falecidos neste ano: Jorge Corbacho Mauricio e José Manuel Carpinteiro Núñez.

Pechou o acto o alcalde, que agradeceu aos traballadores e traballadoras o seu esforzo e dedicación durante a súa vida profesional ao servizo da cidadanía e do Concello. Asistiron tamén os voceiros dos grupos municipais e varios concelleiros e concelleiras da Corporación.

Compartir: