PARQUES E XARDINS

O Goberno Municipal ten previsto aprobar mañá o proxecto de conexión á rede de saneamento e acabados interiores dos vestiarios do persoal de Parques e Xardíns

11/12/2022 A Xunta de Gobierno ten previsto, mañá luns, dar luz verde ao proxecto básico e de execución modificado da obra "Conexión á rede de saneamento e acabados interiores dos vestiarios de Lamas de Abade", que conta cun orzamento de licitación de 48.339,51 euros, e que executará o departamento de Parques e Xardíns, que dirixe Mila Castro.

As obras contemplan o remate exterior da edificación auxiliar que é utilizada como vestiarios polo persoal do Servizo de Parques e Xardíns, así como os acabados interiores. Teñen como finalidade adaptar un dos espazos á normativa de accesibilidade vixente; rematar os acabados interiores dos distintos espazos coa colocación de aparatos sanitarios; e conectar os vestiarios coa rede de saneamento. Ao situarse a edificación nunha cota inferior a rede de saneamento municipal, na intersección da rúa da Divina Pastora coa rúa da Raiola, require complementariamente a instalación dun equipo de bombeo de saneamento e a súa conexión mediante unha impulsión a rede existente.

Para levar a cabo este proxecto, serán necesarias obras de albanelaría, fontanaría, saneamento e electricidade. Así mesmo e dado que o cerramento exterior da edificación non chega até a cuberta, proxéctase completar devandito cerramento, para garantir as condicións de habitabilidade.

En concreto, o proxecto contempla a limpeza de todo timpo de material e cascallos na zona de actuación; a demolición da partición interior de fábrica revestida e o desmonte de folla de porta interior de carpintaría de madeira; a limpieza da cuberta inclinada, retirando a sucidade acumulada; a apertura de oco para posterior colocación da carpintaría; e a limpeza mecánica de fachada de bloque de formigón en estado de conservación regular.

O remate exterior realizarse con formigón, morteiro de cemento gris e ladrillo cerámico óco; impermeabilizando os paramentos verticais e horizontais da ducha, que será de obra con sumidoiro. En canto ao revestimento interior está previsto con pezas de azulexo en acabado mate. O pavimento será tamén de morteiro de cemento, de 4 cm. de espesor, armado con malla electrosoldada e rematado cunha capa de selado en barniz de poliuretano.

A carpintería interior e exterior está previsto que sexa, tanto en portas como en ventás, en aluminio e doble acristalamento. En canto ao mobiliario dos baños, o proxecto contempla que sexan de porcelana sanitaria, tanto os lavabos como os inodoros; nun cos cales se colocará unha barra de suxección para persoas con mobilidade reducida. Unha barra que tamén se colocará nunha das duchas, xunto a un asento adaptado.

Compartir: