RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

O Concello de Santiago abre unha convocatoria de axudas de cooperación ao desenvolvemento destinadas a organizacións non gobernamentais

18/11/2022 O BOP acaba de publicar a convocatoria de axudas destinadas a financiar os proxectos de cooperación ao desenvolvemento levados a cabo por organizacións non gobernamentais (ONGs) inscritas en Galicia. Para este fin, o Concello de Santiago destinará unha contía total de 167.471,36 euros.

Estas axudas, destinadas a organizacións non gobernamentais, teñen por obxecto conceder subvencións para a realización de proxectos concretos de cooperación ao desenvolvemento en países empobrecidos, coa finalidade de contribuír á consecución da axenda de obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS), aprobada na Asemblea Xeral de Nacións Unidas, amosando o compromiso do Concello de Santiago de Compostela na defensa dos dereitos humanos en todo o mundo.

O Concello de Santiago poderá financiar ata o 95% do orzamento do proxecto, cunha contía máxima por axuda de 25.000 euros.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no BOP.

A solicitude asinada pola persoa que represente legalmente a entidade solicitante, e completada coa documentación requirida, presentarase necesariamente a través da sede electrónica do Concello de Santiago, mediante o trámite "solicitude de subvención", formulario "CS006T Subvención proxectos cooperación ao desenvolvemento".

Para calquera dúbida en relación á convocatoria, ponse á disposición das persoas interesadas o seguinte correo electrónico: axudascooperacion@santiagodecompostela.gal

Direccións relacionadas



Compartir: