CIDADES PATRIMONIO

Cáceres acolle a Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e a entrega do Premio Patrimonio a Helga de Alvear

11/11/2022 En representación de Santiago, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistirá este sábado á Asemblea de alcaldes e alcaldesas do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade que terá lugar en Cáceres. Ademais, Rosón partipará esta tarde na comisión executiva do Grupo e na entrega do Premio Patrimonio 2022 á galerista Helga Alvear.

A cidade de Cáceres acollerá mañá a partir das 10 da mañá a próxima Asemblea de alcaldes e alcaldesas do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, que virá precedida pola celebración da comisión executiva do Grupo e a entrega do Premio Patrimonio 2022 á galerista Helga Alvear, no día de hoxe.

Segundo o presidente do Grupo e alcalde do Concello de Salamanca, Carlos García Carbayo, "a última reunión do ano dos alcaldes e alcaldesas das Cidades Patrimonio vai ser unha celebración, pola entrega do Premio Patrimonio 2022 a Helga de Alvear, o que supón un gran recoñecemento á galerista que converteu a Cáceres nunha referencia internacional da arte de vangarda, e á que queremos agradecer a súa xenerosidade".

O presidente do Grupo explicouque na comisión executiva preparativa da Asemblea de hoxe "repasaranse as accións do ano, impulsaranse os preparativos da celebración do 30 aniversario do Grupo en 2023 e aprobarase o calendario de promoción nacional e internacional antes de que acabe 2022".

Con motivo da Asemblea, RNE emite o programa ‘Non é un día calquera’, dirixido e presentado por Pepa Fernández, o sábado 12 e o domingo 13, desde a Fundación Mercedes Cales de Cáceres, en horario de 8.30 a 13 horas.

Compartir: